Escultura, pintura e obra pública como linguaxes dun mesmo pensamento
Material, Forma e Memoria
Escultura
Presenza e materia
Esculpir é quitar...,
4-1(Tempo de Vida) = 3 dimensións
Escultura son as miñas Criaturas, pegadas das miñas mans que falan cando ninguén fala e que te queren cando ninguén quere. Por iso non saben de artificiais PROCESOS mecánicos SEN AUTORÍA. Son únicas, inéditas e orixinais.
Na escultura busco unha presenza. A materia non é só soporte: é peso, textura, límite e posibilidade. A pedra, a madeira ou o volume constrúen un espazo no que a obra aparece a través da talla, da decisión e do contacto directo.
Pintura
Cor, xesto e sinal
Aínda xanto no pan con navalla, aínda pinto bisontes nas paredes
A pintura artéllase como un novo espazo narrativo aberto no que a materia pictórica constrúe novas subxectividades críticas a través de presenzas, fragmentos e símbolos.
Obra Pública
Escultura conmemorativa e monumental no espazo común
A obra pública leva a creación fóra do obradoiro e sitúaa no espazo compartido. Son pezas pensadas para resignificar o territorio, para convivir coa memoria colectiva e tamén coa xente que habitará eses lugares.
Outras Linguaxes
Máis alá das marxes
A creación non sempre se detén nos límites da pintura ou da escultura. Nesta sección recóllense outras pezas, ás veces experimentais, que exploran novos materiais, soportes e formas de expresión visual, mantendo vivo o diálogo constante entre o concepto e a materia.
Obra Dispoñible
Consulta sobre a miña obra, dispoñibilidade ou adquisición.
Algunhas obras poden estar dispoñibles para consulta ou adquisición. Cada peza é única, polo que a información sobre dispoñibilidade, medidas, materiais e condicións debe tratarse de forma directa.











